María Casares : A impaciencia por vivir / María Canosa
por Gregores, Bea; Canosa Blanco, MariÌa; Canosa, María [autor/a].
Tipo: LibroEditor: A Coruña : Bululú , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 53 p. : il. cor ; 30 cm.ISBN: 9788418667299.Materia(s): Casares, Marií¡a -- BiografiÌas | Casares, Marií¡a -- BiografiÌas | Mujeres -- Cuentos | Mulleres -- Historia -- España | SuperacioÌn persoal | SuperacioÌn personal | BiografiÌas -- 20º seÌculo -- Galicia | BiografiÌas -- 20º siglo -- Galicia | RelacioÌns persoais | Relaciones personalesRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal; a Guerra Civil e o exilio, o amor tempestuoso e tráxico con Albert Camus -un home casado e un dos intelectuais franceses máis importantes da primeira metade do século XX-, ou a morriña pola infancia feliz en A Coruña, foron o alimento da súa tenacidade por prepararse e estudar no teatro até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Afonso X O Sabio Sala préstamo | 929 CAN mar | 1 | Dispoñible | CED029000012773 |
|
A ilustración, creada cunha particular utilización de técnicas tradicionais que combinan debuxo e cores acrílicos de gran forza, inspírase e apoiase, ademais de nos textos sinxelos e ben documentados de María Canosa, en fotos e noticias da época, así como en monumentos e edificios que aínda existen hoxe, buscando recrear o ambiente e lugares que frecuentou a autora cunhas imaxes moi recoñecibles e atractivas.
Unha biografía ilustrada perfecta para todo aquel que busque descubrir as principais facetas dunha muller única da que o 21 de novembro de 2022 se cumpre o centenario do seu nacemento.
Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal; a Guerra Civil e o exilio, o amor tempestuoso e tráxico con Albert Camus -un home casado e un dos intelectuais franceses máis importantes da primeira metade do século XX-, ou a morriña pola infancia feliz en A Coruña, foron o alimento da súa tenacidade por prepararse e estudar no teatro até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.